Detectas necesidades formativas sen cubrir? Descobre como atendelas coa Axenda Galega de Capacidades para o Emprego

Compartir

“A realidade manda”

A realidade manda” Frase soada que nestes tempos converteuse nun mantra social máis presente que nunca, ante o cambio continúo que define a nosa actualidade en constante transformación; á que non se escapa a contorna laboral.

Un escenario vivo conformado por unha etapa de acelerada transición que está reconfigurando a forma de traballar e interactuar, facendo necesarios procesos de reciclaxe laboral e aprendizaxe continua.

Da procura de recursos para atender estas novas esixencias que supoñen un reto para as empresas e o capital humano que conforman o tecido empresarial galego, nace a Axenda Galega de Capacidades para o emprego, impulsada pola Xunta de Galicia.

Un lugar de encontro entre os novos requisitos laborais, que definen esta nova realidade, e as capacidades e habilidades das persoas que terán que desenvolver as tarefas que debuxan esta nova verdade profesional.

Enfocada nunha formación de vangarda, a Axenda Galega de Capacidades para o emprego pretende ser a ponte que enlace a colaboración entre axentes económicos e sociais presentes na ecuación da capacitación profesional: empresas, ámbito formativo, persoas traballadoras e a sociedade no seu conxunto.

Xunta de Galicia lidera este cambio estratéxico que vén buscar o equilibrio entre a oferta e a demanda, ofrecendo recursos innovadores ás persoas, adaptados ás necesidades actuais das empresas galegas: adaptados a este novo paradigma social e laboral.

Estás canso/a de adestrar sen que iso se traduza en novas oportunidades laborais? Precisas persoas formadas nun eido concreto na túa organización e non as atopas? De nada serve a excelencia na capacitación, se esta logo non está enfocada no que o mundo laboral galego necesita hoxe. Só será un embude que obstaculice o fluxo de paso entre a etapa formativa e laboral. Un atasco que provoca desemprego, frustración e fuga de talento.

Non se trata de que as persoas adquiran multitude de coñecementos desenfocados e desactualizados. A forma de mellorar a empregabilidade, é que a sociedade teña acceso a unha formación adaptada a esta realidade cambiante conformada por contornas VUCA.

Que é por tanto a Axencia Galega de Capacidades para o emprego? É unha aposta profunda por unha formación coherente coas necesidades laborais, como recurso indispensable para diminuír o desemprego e mellorar a empregabilidade, a retención do talento, a competitividade e resiliencia de empresas e o emparellamento entre demanda e oferta de emprego.

É a resposta da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, á Axenda de Capacidades Europea, estratexia da CE na que se establecen os obxectivos de capacitación e reciclaxe profesional para os próximos 5 anos, a través de 12 accións centradas nas capacidades para o emprego.

A Axenda Galega téndelle a man á actualidade sen esquecer o pasado. Representa un gran pacto de éxito para esa sociedade galega que onte e hoxe destacou pola súa vontade por progresar e por sumar desde o individual cara ao colectivo.

Unha sociedade que merece dispor de recursos que potencien a competitividade individual, a través dunha formación laboral continua, actualizada e adaptada aos tempos, como vía impulsora do crecemento e visibilidade do tecido empresarial galego, co fin último de lograr o benestar dunha sociedade que sempre demostrou ganas, compromiso e lealdade.

Xempre
Xempre

Equipo de expertos/as de XEMPRE.