QUE É

XEMPRE é un espazo dixital concentrador dos recursos que ofrece a nova estratexia de emprego da Xunta de Galicia, onde se aposta por un mercado laboral máis interconectado, dinámico, formado e accesible, que emerxe da colaboración entre Administración pública e sector privado, para mellorar as capacidades das persoas traballadoras, a competitividade das organizacións e o benestar laboral.

No marco de XEMPRE atopamos dúas liñas de traballo diferenciadas:

  • O impulso e apoio sen precedentes ao emprendemento no territorio, mediante a creación dunha Rede galega de Emprendemento e Apoio ao Emprego
  • E a Axenda galega de Capacidades para o Emprego, que integra diversas accións estratéxicas para a renovación integral tanto do Plan autonómico de Formación para o Emprego como do Servizo de Emprego de Galicia

Así mesmo, dedicamos especial atención a traballar pola igualdade laboral e o benestar laboral, aspectos clave e transversais nas políticas emprego do Goberno galego.

Este HUB concentrador de recursos ao amparo de XEMPRE estará dotado de información actualizada e de accións formativas de todo tipo, para dar resposta ás novas necesidades de capacitación profesional e tendencias máis innovadoras do mercado de traballo galego.  O HUB XEMPRE ofrece así unha ampla programación de actividades, tales como as seguintes: talleres e cursos, webinars, masterclass, encontros con expertos/expertas, artigos de interés, podcasts, vídeos, servizos de coaching e mentoring, etc.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, quere tomar a iniciativa, creando un espazo de aprendizaxe permanente e de intercambio de coñecementos, de carácter público e profesional, que forme, informe e impulse a líderes, persoas emprendedoras, traballadores e traballadoras das organizacións galegas.  

XEMPRE ESTÁ ABERTO A:

Empresas | Equipos | Organizacións | Líderes
Persoas Emprendedoras | Persoas Desempregadas
Emprendedores/as Sociais

O COMPROMISO DE

XEMPRE converterase no servizo de referencia para o desenvolvemento do tecido organizacional de Galicia, poñendo o foco no achegamento da formación e información constante e actualizada, establecendo os seguintes obxectivos fundamentais:

O ESPAZO
XEMPRE é concentrador de sinerxías, onde as persoas participantes traballan xuntas, intercambian coñecemento, colaboran e forman unha comunidade. Espazos nos que medra a capacitación, a innovación e o emprendemento.
O recurso aposta polas contornas dixitais, desenvolvendo a súa labor principalmente a través dunha plataforma online na que se poñerán en marcha as distintas iniciativas.

Encontros con expertos/as

Talleres e formacións presenciais

Webinars

Masterclass con persoas expertas do ámbito organizacional

Artigos de interese

Vídeos cápsula formativos

Covenios con Clústers

Podcast

Coaching e mentoring

Congresos e foros

Novas de actualidade

Newsletter

Servizo permanente de atención ao público

Formación Profesional Dual

"É necesario impulsar a formación para que a transición duns empregos cara os novos que están a xurdir sexa de maneira fluída"

María Jesús Lorenzana, Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade
XEMPRE: